Obxetivos

EMPREGO SOCIAL S.L. naceu coa filosofía de adaptarse a unhas políticas e principios de traballo capaces de contribuir á aportación de DIGNIDADE e CALIDADE de vida das personas con discapacidade polo que o seu principal obxetivo social é o de favorecer a “inserción sociolaboral de persoas con discapacidade  ou en risco de exclusión social”.

Un centro especial de emprego destas características permítenos insertar sociolaboralmente a máis de cuarenta persoas con algún tipo de discapacidade colaborando así na súa recuperación integral e nunha posible inserción en empresas ordinarias.
Non cabe dúbida que a nosa empresa ten algunhas características especiais que a distinguen de calquer outra empresa ordinaria. Sen embargo, o coidado e a calidade nos traballos que realizamos fainos ser competitivos no noso sector, pois compensamos algunhas das nosas eivas coa propia filosofía de empresa, con moita dedicación e coa constancia que poñemos no día a día.