APEM

Apem é unha asociación cidadá, legalmente constituída integrada por doente, familiares e profesionais de diferentes eidos e persoas sen vinculación coa doenza mental.


Cales son os seus fins?

Contribuír á mellora do estado de saúde da sociedade entendida coma benestar físico, psíquico e social, con énfase especial na Saúde Mental e na loita contra a marxinación e a discriminación do doente mental.


Que propón?

· Acadar unha mellora na asistencia psiquiátrica nas súas tres vertentes:

Preventiva
Curativa
Rehabilitadora

· Promover por sí mesma ou en colaboración con outros organismos e entidades a creación dos servicios de reinserción laboral e social dos doentes mentais, así como a posta en marcha de calqueraoutro mecanismo que mellore a calidade de vida e de desenvolvemento persoal.
·  Ofrecer un espacio de reunión de familias e persoas interesadas na doenza mental, onde poder discutir problemas comúns  e acadar posibles solucións
·  Colaborar con outras entidades sanitarias e sociais na posta en marcha d campañas de información sensibilización dos temas relacionados coa doenza mental.

Que ofrece?

·        Centros de Rehabilitación Psicosocial e laboral.
·        Escolas de familia/Grupos de autoaxuda
·        Servicios de Atención Domiciliaria
·        Vivendas protexidas
·        Programa de Integración Laboral
·        Charlas informativas
·        Ciclos de Conferencias


Onde estamos?

Na Coruña
Praza dos Chopos, 22- nº 1
15008  A Coruña
Tlef. e Fax: 981 132 218
En Carballo
R/Mapoula nº14 Baixo
15100 Carballo
Telf. 981 757 177

En Cee
Paseo do Alcalde Pepe Sánchez
Telf. 981 74 72 75
15270  Cee            

En Cambre
Rúa As Rúas Nª 74 Baixo
15660 Cambre
Telf. 981 652 082

En Betanzos
R/ Bella Vista s/n
15300 Betanzos
Telf. 981 773 047