11 nov. 2014

EMPREGO SOCIAL SL PRIMEIRO PREMIO "JOSÉ LUÍS MURUZABAL"

O pasado 8 de outubro tivo lugar no concello de Bergondo  a entrega da primeira edición do premio José Luis Muruzabal  que concede o Consorcio As Mariñas. Dito galardón, que premia proxectos innovadores de inserción sociolaboral para personas con enfermidade mental, foi concedido ex aequo a Emprego Social S.L , pola súa aportación na integración laboral e a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental de A Mariña polo seu proxecto de fomento do deporte.