16 ago. 2013

MURU, SEMPRE CON NÓS

O pasado 16 de xullo despedimos ó presidente de APEM, o noso presidente, D. José Luis Muruzabal Arlegui con fondo pesar e tristura.

Dende esta canle de información que compartimos con todos vós o persoal e dirección do Centro Especial de Emprego "Emprego Social SL."queremos darlle o máis sentido pésame á familia e amig@s, amosar a nosa tristura, lamentar esta irreparable perda e rendirlle unha profunda homenaxe a quen tanto fixo para que as persoas con enfermidade mental e as súas familias tivesen a atención necesaria e a oportunidade de rehabilitarse e insertarse social e laboralmente.

Desexamos que a súa obra continúe polo senda que el nos marcou e nos abriu para construir un mundo mais xusto, solidario,e con igualdade de oportunidades para todos e todas.

MURU, sempre con nós, nos nosos corazóns.

No hay comentarios:

Publicar un comentario