O pasado 8 de outubro tivo lugar no concello de Bergondo a entrega da primeira edición do premio José Luis Muruzabal que concede o Consorcio As Mariñas. Dito galardón, que premia proxectos innovadores de inserción sociolaboral para personas con enfermidade mental, foi concedido ex aequo a Emprego Social S.L , pola súa aportación na integración laboral e a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental de A Mariña polo seu proxecto de fomento do deporte.
Empregosocial s.l.
Centro especial de emprego sen ánimo de lucro
11 nov 2014
16 ago 2013
MURU, SEMPRE CON NÓS

Dende esta canle de información que compartimos con todos vós o persoal e dirección do Centro Especial de Emprego "Emprego Social SL."queremos darlle o máis sentido pésame á familia e amig@s, amosar a nosa tristura, lamentar esta irreparable perda e rendirlle unha profunda homenaxe a quen tanto fixo para que as persoas con enfermidade mental e as súas familias tivesen a atención necesaria e a oportunidade de rehabilitarse e insertarse social e laboralmente.
Desexamos que a súa obra continúe polo senda que el nos marcou e nos abriu para construir un mundo mais xusto, solidario,e con igualdade de oportunidades para todos e todas.
MURU, sempre con nós, nos nosos corazóns.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)